Unha ducia de clubs vogarán nas augas da Pobra no Campionato Territorial Norte de Bateis de 2023

13 Abril 2023

Os bateis vogarán nas augas da Pobra do Camamiñal nesta fin de semana. Unha ducia de clubs citaranse no Campionato Territorial Norte de Bateis de 2023, segundo avanzaron este xoves 13 de abril, en rolda de prensa, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; o presidente do Club Remo Puebla, Antonio do Carmo; e Gustavo Vázquez, vicepresidente de Banco Fixo da Federación Galega de Remo.

As regatas eliminatorias desenvolveranse a partir das 16.30 horas do día 15 de abril, onde 82 embarcacións loitarán por chegar á final, nas súas correspondentes categorías, que se disputará no día 16, das 11.00 horas en diante, que tamén é clasificatoria para o Campionato Galego cos catro primeiros equipos de cada unha das modalidades: alevín/a, infantil, cadete, xuvenil, sub-23 e absoluta, tanto masculina coma feminina. Efectuarase, ademais, a entrega de medallas e bandeiras.

Esta última xornada poderá seguirse por streaming a través da canle do Youtube do Club Remo Puebla.

Organiza o Club Remo Puebla e a Federación Galega de Remo, coa colaboración da Concellaría dos Deportes e da Protección Civil.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.