“Un novo ROV para localizar no Cantábrico o pecio do pesqueiro Vilaboa Uno e ao seu maquinista”. Antón Luaces

08 Abril 2023

Salvamento Marítimo (SASEMAR) enviará esta fin de semana a Santander a  un dos seus buques polivalentes -o “Don Inda”- para participar nas tarefas de localización do pecio do pesqueiro local “Vilaboa Uno”  afundido na mencida do pasado luns. A bordo do buque de SASEMAR irá un vehiculo operado remotamemte (ROV) controlado por un operador humano situado no “Don Inda”, que pode ser operado por sinais (ondas) radio ou por un cable umbilical ou liña que conecta ao  vehículo mariño co seu operador (piloto técnico).

A intervención do ROV submerxible “Comanche” foi solicitada polo Xulgado de Instrución de Cantabria á Sociedade de Salvamento Marítimo (SASEMAR) coa intención de localizar o pecio e, especialmente, o corpo do maquinista de pesqueiro, o peruano Walter Ferreyros, desaparecido no afundimento do barco de pesca  a unhas seis millas do cabo Maior e que se atopará a unha profundidade máxima de 130 metros, que é o fondo que ten a costa cántabra na zona do naufraxio.

O “Don Inda” cargará nas próximas horas no porto de Ferrol o ROV Comanche, que ten a súa estadía cotiá na base estratéxica que SASEMAR ten en Fene. Deste xeito reforzará o labor xa realizado por outro robot empregado ata o de agora sen resultados positivos malia ser varias as inmersións levadas a cabo durante a xornada deste xoves polo submerxible.

O ROV Comanche dispón de catro cámaras, sónar de busca, sónar-altímetro, profundímetro e baliza de escintilación (destellos) que permite a localización do vehículo desde a superficie. O “Comanche” pode descender ata 2.000 metros, capacidade máis que sobrada nas augas do Cantábrico nas que se atopa o “Vilaboa Uno” e que tamén permitiría a súa utilización en augas de Terranova na percura do arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo” que, con 24 tripulantes a bordo (dos que só sobreviviron tres), afundiu van case 14 meses, e que vai ser buscado nas próximas semanas por un ROV coa esperanza de ser achado e que no seu interior podan permanecer os 12 mariñeiros desaparecidos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.