Últimos días para inscribirnos na Andaina de Porto do Son organizada por Trabandainas

10 Abril 2023

Estes primeiros días da semana post-Semana Santa son os últimos para inscribirnos na Andaina de Porto do Son que se celebra o vindeiro 15 de abril. Teremos até este 13 de abril para achegar os nosos datos a través da web de Trabandainas. Así nolo vén de confirmar o Concello de Porto do Son dende o seu Facebook.

A Andaina Porto do Son 25KM + 15KM é unha proba deportiva organizada polo Club Trabandainas (en colaboración co Concello sonense) de gran interese ambiental, paisaxístico e mesmo turístico. Trátase dunha proba puntuábel para a I Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo e para a Liga Ibérica de Senderismo (FEDME – Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).

Podemos atopar máis información (sobre os detalles da proba, sobre as inscricións) na web de Trabandainas.

A andaina celebrarase o 16 de abril con saída do porto do Portosín.

Información da Ruta:

Data: 16 de Abril 2023

Distancia: Rutas Circulares de 25 km e 15km, aprox.

Dificultade: 25km Media/Alta e 15km Media

Peche de Inscricións: 13 de Abril, ás 23:59 horas

Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas

Punto de Saída: Porto de Portosín (Ver en Maps)

Inicio da Andaina de 25 km: 9:00 horas

Inicio da Andaina de 15 km: Deseguido

Punto de Chegada: Porto de Portosín

3 Avituallamentos e comida ao final da Ruta, coa entrega de premios

Outros artigos

Boiro acolle o sábado 7 de setembro un campionato galego de culturismo

A Casa da Cultura de Boiro acolle este sábado 7 de setembro un Campionato galego e Open de Culturismo. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da actividade xunto con Sebastián Lago e María Dolores Estévez, organizadores do campionato. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...