Suplemento de crédito de dous millóns aprobado no pleno de Ribeira

25 Abril 2023

A corporación de Ribeira celebrou o último pleno ordinario do mandato unha sesión na que os asuntos económicos volveron ter protagonismoe no que houbo acordo para aprobar un suplemento de crédito de algo máis de dous millóns de euros

Eses fondos teñen como destino complementar partidas cunha dotación insuficiente nos orzamentos, como o servizo de axuda no fogar (SAF) ou a contía destinada a festas, ademais de dotar de recursos proxectos como o do polígono industrial, para cuxo desenvolvemento se reservan 1,13 millóns de euros. Todos os grupos coincidiron na necesidade e importancia de dotar de crédito suficiente servizos fundamentais como o SAF, e aínda que non faltaron críticas á forma de proceder do goberno local con respecto ás contas, a proposta da alcaldía saíu adiante coa única abstención dos edís do PSOE.

Aparellado a ese suplemento de crédito, a orde do día incluía outro punto importante: o expediente de contratación do servizo de axuda no fogar, unha prestación que sairá a licitación por un importe de case 4,8 millóns de euros por un ano máis outro prorrogable.

A oposición apoiou maioritariamente o expediente dada a importancia do servizo e que o contrato actual coa empresa concesionaria expira en xullo, se ben algúns partidos avogaban pola municipalización do servizo, como o BNG, PSOE e PBBI.

Unha vez que a prestación está externalizada, a opsoción propuxo que se estableza mecanismos que garantan que se cumpren as condicións e dereitos laborais das traballadoras do SAF. O único voto en contra á proposta foi do PSOE, porque está en contra da privatización de servizos e están a favor dos dereitos dos traballadores.

A variante de Ribeira foi outro dos temas tratados e os grupos presentaron unha proposta conxunta para esixir que se cumpran os acordos plenarios alcanzados no seu día e o goberno local realice un estudo técnico sobre o acondicionamento da estrada de Frións como alternativa á circunvalación.

Unha postura coa que discrepa o PP, que mantén que a variante «non ten marcha atrás» e que é a única opción que dará resposta ás necesidades de Ribeira.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.