Rianxo vai celebrar novamente a Revolución dos Cravos: o trunfo da liberdade que significou o 25 de abril no país irmán, Portugal, onde púxose fin a décadas de ditadura (en 1974) cunha revolución pacífica e solidaria na que as flores (os caraveis ou cravos) e a música de Zeca Afonso foron os principais estandartes. O IX Encontro veciñal para cantar Grândola e conmemorar a revolución dos cravos vén da man de Barahúnda e Orjais coa colaboración do Concello de Rianxo.
O evento será realizado a terza feira da semana vindeira (martes) no Cuartel vello de Rianxo, ás 20h30, e será aberto a todas as persoas interesadas en participar, sen necesidade de inscrición previa.




