Rianxo celebra un festival de música clásica os días 28 e 29 de abril

19 Abril 2023

Os vindeiros 28 e 29 de abril celebrarase en Rianxo un festival de música clásica na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Segundo explican dende a Área de Cultura do Concello, organizadora do certame, o programa contará con dous días de concertos de alta calidade, con recoñecidos músicos do panorama galego e internacional.

O venres 28 de abril, veciños e visitantes poderán desfrutar dun recital de piano a cargo do músico de orixe rianxeira Adrien Gey-Galera, quen nos brindará unha selección de obras de diferentes compositores clásicos, o concerto terá lugar ás 21.00 horas.

O sábado 29 de abril será a quenda dun concerto de música de cámara, que será interpretado polo Conxunto Daphnis. Este grupo está composto por Mathieu Guignier no violín, Hans-Ljuben Richard na viola, Alec Fukuda no violonchelo e Adrien Gey-Galera de novo ao piano. O concerto tamén terá lugar ás 21.00 horas.

Os programas dos dous concertos incluirán obras de Beethoven, Rachmaninov, Brahms, Albeniz, Chopin, Franck, Dvorak e Schumann.

As entradas serán de balde ata completar capacidade e poderán ser retiradas dende unha hora antes do comezo dos concertos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.