Porto do Son achega un curso de balde sobre planificación do adestramento deportivo en pretemporada

17 Abril 2023

A Área de Deportes do Concello de Porto do Son organiza esta tempada un curso gratuíto de planificación do adestramento deportivo de pretemporada. O obxectivo desta actividade formativa de catro horas de duración (o 21 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas) é “concienciar á poboación da importancia dunha práctica deportiva en condicións de seguridade; así como adaptar a práctica deportiva ás condicións físicas e de idade da persoa, con especial atención á práctica do fútbol”.

‍🏫 A sesión correrá a cargo de Pablo Martínez Fernández, doutorando en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, mestrado en Preparación Física de Fútbol, postgrado en Análise do Xogo e Actualización Profesional do Adestrador, adestrador de Fútbol UEFA-A, mestrado universitario en Adestramento Funcional de Alto Rendemento e graduado en Ciencias de la Actividade Física e do Deporte. O ten as inscricións abertas até este mércores 19 de abril. A inscrición cómpre formalizala a través da conta jose.pazo@portodoson.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.