Os servizos de emerxencia rescatan a dous sendeiristas en Carnota e un home cae por un terraplén no Grove

30 Abril 2023

Os dous sendeiristas, do mesmo grupo, foron rescatados na parroquia do Pindo, entre Peñafiel e a Cova da Xoana. Un deles caera e tiña un forte golpe nas costas. O outro camiñante sufrira un golpe de calor.

Os efectivos do GES de Muros e os Bombeiros de Cee percorreron o camiño para dar co grupo de sendeiristas, cuns útiles para efectuar o rescate: un taboleiro, unha padiola e unha mochila con medicinas. Un rescate que durou uns corenta e cinco minutos, ata que os sendeiristas e os servizos de emerxencia chegaban ao lugar onde se atopaba a ambulancia, xa na estrada xeral.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación uns minutos antes das 13:45 horas desta tarde, a través doutro sendeirista.

A partir de aí, desde o 112 Galicia deuse conta dos feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e ao GES de Muros.

Un home caeu por un terraplén no Grove
Por outra banda, os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil do Grove acudiron ao camiño do Monte das Flores cunha escada para rescatar a un home, que caera por un terraplén. O varón resultou ileso e puido abandonar o lugar polo seu propio pé.

Ocorreu preto das 17:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar dos feitos.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo Municipal de Protección Civil e da Policía Local. Ademais, informaron aos Bombeiros de Ribadumia e ao GES de Sanxenxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...