Os herbívoros de Sálvora, cruciais para conservación da biodiversidade na illa

22 Abril 2023

Investigadores da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC e da Universidade da Coruña, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, realizaron un estudo que confirma que os animais do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia contribúen á conservación da biodiversidade dos hábitats. Fano, principalmente, “dispersando as sementes das plantas autóctonas”. O estudo sinala que “ao alimentarse dos froitos das propias plantas, os herbívoros da illa de Sálvora espallan a través dos seus excrementos as sementes que inxiren por todo o territorio”.

Cabalo de Sálvora nunha imaxe da web imanesdeviaje.com

Para chegar a esta conclusión, o traballo consistiu na análise das feces dos cabalos, cervos e coellos que habitan a zona. Realizáronse 5 mostraxes en distintas áreas da illa e en diferentes épocas do ano para garantir a maior variabilidade e fiabilidade dos resultados. Unha vez recollidas as mostras, colocáronse en bandexas e dispuxéronse nun invernadoiro para contabilizar as sementes que acababan xerminando e identificar a especie á que pertencían. En total, agromaron 4.000.

Esta relación entre animais e plantas, tal e como recolle o estudo, determina a composición dos ecosistemas, especialmente naqueles onde os recursos son escasos. Por este motivo, explícase, “a illa de Sálvora é un escenario ideal para que as poboacións estábeis de animais actúen como espalladores das especies vexetais, un labor aínda máis interesante cando os exemplares espallados son endémicos, como a Iberodes littoralis, ou están ameazados, como a Erodium maritimum.

Ademais, a investigación constata que o mes de agosto é o momento do ano no que se produce unha maior propagación de sementes e que, dentro dos animais observados, o cabalo é o que máis activamente contribúe a ela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.