O PSOE pide o arranxo e posta a punto o Museo da Casa da Costa (Parque Natural de Corrubedo)

05 Abril 2023

José Manuel Vilas, concelleiro-voceiro do Grupo Municipal Socialista, presentou ao pleno da Corporación municipal un rogo relativo ao complexo de edificios da Casa da Costa, centro de recepción de visitantes no Parque Natural das Dunas de Corrubedo e das Lagoas de Vixán e Carregal, onde se informa sobre rutas, excursións guiadas, itinerarios polo complexo medio ambiental de Ribeira, e onde se pon a disposición dos turistas un museo interpretativo. Este museo, visitado regularmente por distintos grupos de persoas, profesionais, estudantes e demais cidadáns interesados na historia desta formación dunar, atópase nun estado mellorábel de conservación, segundo indican os socialistas locais.

Segundo explican o dito edificio “adolece de falta de mantemento tanto interior como no exterior; no interior poden apreciarse esconchados nas paredes, e no exterior, os canalóns están invadidos por unha cantidade importante de fieitos”.

En virtude do exposto anteriormente, o Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE, faille ao Grupo de Goberno de Ribeira o seguinte,

1.- Que por parte da Alcaldía, ou quen corresponda, se dea conta a dirección do CIELGA, para que procedan a reparación dos paramentos e canalóns citados no edificio do Museo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...