O presidente do PP da Coruña avala a Ruiz Rivas para conseguir a maioría absoluta que permita a Ribeira seguir avanzando

20 Abril 2023

O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, asegurou que chegou o momento de que Manuel Ruiz Rivas “gañe por goleada” para que os populares logren a maioría absoluta necesaria para que Ribeira teña un goberno que lle permita seguir avanzando.

Calvo aproveitou o acto de presentación da candidatura do PP de Ribeira para avalar unha lista na que, dixo, e sinxelo darse conta de que “hai equipo, hai ganas, hai unidade, e hai moito traballo”. Por este motivo, o líder dos populares asegurou que “é máis necesario que nunca que sair a por todas” nas próximas eleccións municipais para sumar todos os apoios posibles.

“A xente de Ribeira quere un goberno liderado por Manolo Ruiz e quere que goberne o Partido Popular”, asegurou Calvo quen subliñou que para conseguir ese obxectivo “non vale facer contas do que podemos sumar, ou de con quen podemos sumar no caso de que non nos chegue, o que hai que facer é gañar por maioría absoluta”.

O presidente provincial referiuse ás persoas que conforman a lista como veciños que reflicten á perfección os valores do seu partido. “Eles teñen palabra, traballarán con vocación de servizo público e pensarán por encima de todo nas necesidades dos veciños”, asegurou Calvo, quen incidiu en que, pola súa banda, outras formacións afrontarán os comicios locais “pensando en sumar para que non goberne o PP”.

Durante o seu discurso, Calvo mostrouse seguro de que os veciños de Ribeira saberán valorar o traballo realizado no municipio durante os últimos anos. “Aí está o Auditorio, o modulo de atletismo, o punto de encontro familiar, a residencia de maiores, a circunvalación…Tedes que estar orgullosos de traballo realizado, contarllo á xente e mirar con optimism o futuro porque aínda quedan moitas cousas por facer”, apuntou.

Precisamente por todo esto, Calvo reclamou unir o voto ao redor do PP para garantir un “goberno sereno” e para conseguir que Ribeira siga sendo un “concello líder na comarca, afastado dos problemas que orixinan eses gobernos febles, apoiados en pequenas maiorías, precarias e inestable”.
Con pouco máis de 40 días por diante ata o 28 de maio, o popular reclamou traballar como “se estiveramos a un voto da maioría absoluta, coa ambición de lograr ese apoio que nos falta, coa ilusión de pensar que os obxectivos se poden cumprir, coa humildade de saber que necesitamos a todas as persoas que se queiran unir ao noso proxecto, e coa responsabilidade que nos dá saber que moitas persoas confían en nós e na alternativa que lles estamos a ofrecer”.

Primeira volta das xerais
No seu discurso, Calvo referiuse tamén á importancia que, ao seu xuízo, terá a cita do próximo 28 de maio. “Ese día xogámonos moito en todos os concellos, pero tamén en España”, apuntou o popular, quen non dubidou en asegurar que os resultados municipais veranse como unha primeira volta do que virá coas xeneral.

“Pedímoslle á cidadanía que pense no día seguinte das eleccións, cando por un puñado de votos pode gobernar un bipartito ou tripartito sen importar o número de concelleiros desas formacións unidas soamente para impedir un goberno do PP aínda que sexamos a forza máis votada”, recordou Calvo.
Por ultimo, o presidente popular salientou que o PPdeG está á alza e que os seus candidatos e candidatas se presentan “sen ningunha hipoteca e sen ningunha outra aspiración que ofrecer solucións aos problemas da cidadanía”.

Durante o acto, a secretaria xeral de Organización da Executiva local do Partido Popular ribeirense, Elvira Pisos Arnoso, que se encargou de conducir o acto, foi presentando un a un aos integrantes da lista que presenta a formación popular aos próximos comicios e que está formada por:

1- Manuel Ruiz Rivas

2- María Sampedro Fernández

3- Ana Isabel Barreiro Rego

4- Alejandro Vidal Álvarez

5- Manuel Emilio Pérez Outeiral

6- Manuel Vicente Reiríz Bretal

7- Víctor Reiríz Lampón 

8- Ramón Doval Sampedro

9- Carmen Pérez Gómez

10- Estrella Franco Lijó

11- Eladio Muñiz Muñiz 

12- Rubén Lijó Santos

13- Juana  Maria Brión Santamaría

14- Ana Outeiral Martínez

15- María Jesús Paz Vázquez 

16- Manuel Ángel Reiríz González 

17- David Fernández Fernández

18- María Teresa Cimadevilla Crujeiras

19- María José Carreira García 

20- Elvira Pereira Ageitos 

21- Fabiola García Martínez

Suplentes

1- Javier Ventura Sampedro Ageitos 

2- María Carmen Vizcaya Sampedro

3- Francisco Sieira Fernández

4- María del Pilar Doval Saiñas 

5- Juan Luis Martínez Queiruga

6- Elvira Pisos Arnoso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...