O Liceo Marítimo de Ribeira acolleu o remate do poemario MANSIO de Eva Veiga e Antonio Piñeiro

22 Abril 2023

O Liceo Maritimo de Ribeira acolleu este sábado o acto de remate do libro de artista titulado MANSIO, consistente na sinatura dos exemplares por parte dos seus autores, Eva Veiga e Antonio Piñeiro, no salón da Sociedade Liceo Maritimo de Ribeira, ao abeiro de cuxo Espazo Cultural foi realizado.

O acto contou coa presenza do Presidente da Sociedade Liceo Maritimo, Xose Gude Pijuan.

MANSIO, novo poemario de Eva Veiga, conta con obra plástica do autor Antonio Piñeiro. Son seis ilustracions orixinais, realizadas directamente sobre cada un dos 50 exemplares da edición, que acompañan obra poética nova de Eva Veiga, plasmada mecanograficamente en cada libro.

Tratase dunha obra que, baixo o concepto de libro de artista, reúne características especialmente singulares, nun poemario que vai aos conceptos do mar, das suas angueiras, das suas faenas e da sua comunidade, matizado da ancestral mitoloxia marítima que envolve a natureza ribeira.

Cada un dos exemplares do MANSIO foi elaborado a man, desde a impresión mecanografica dos poemas ata a encadernacion dos libros.

A obra será presentada en breve no salón da propia Sociedade Liceo Maritimo de Ribeira, que conta, para tal fin, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.