O humorista e presentador Isi achega este venres unha completa ración de retranca galega na Casa da Cultura de Portosín

28 Abril 2023

Este venres 29 de abril o humor con selo galego será protagonista no concello de Porto do Son. O motivo non é outro que a actuación do presentador, humorista e narrador Isi na Casa da Cultura de Portosín, a partir das 20.00 horas. As entradas puideron adquirirse nas Casas da Cultura de Porto do Son e Portosín, na Librería Andrea (Porto do Son) e na Libraría Elisa (Portosín). A actuación encádrase no Ciclo de Monólogos do Concello, baixo a marca local Infinitamente Natural, xunto coa protagonizada os días pasados por Pepo Suevos, o día 15 de abril, desta volta na Casa da Cultura de Porto do Son.

Sobre Isi

José Manuel Rodríguez Puente, máis coñecido como Isi, naceu na Estrada o 28 de maio de 1973 e é un humorista, actor e presentador de televisión galego. É coñecido por actuar en diferentes programas e series da Televisión de Galicia, como SuperMartes, Air Galicia, Land Róber ou Todo queda na casa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.