“O Grupo Socialista do Parlamento galego acusa á Xunta de provocar o conflito da mexilla”. Antón Luaces

19 Abril 2023

O conflito da mexilla entre bateeiros e percebeiros foi “provocado”, segundo o portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, polo peche de zonas para a extracción de mexilla. Así o dixo após o anuncio do PP de que votaría en contra da proposta socialista que colnvidaba a “volver á casiña de saída” e recuperar a convivencia que os dous colectivos tiveron durante 60 anos de traballo en común.

Porque, aínda que agora non o pareza, bateeiros e percebeiros conviviron en absoluta harmonía. A ruptura de relacións non ten unha explicación lóxica. Ou, dito doutro xeito, semella que non existe unha xustificación  convincente para que tal ruptura se producira. Polo menos, a xuizo de quen isto escribe.

Julio Torrado centrou as súas críticas na Consellería do Mar que, dixo, “alimentou o conflito” para posteriormente “ir ao garete” mentres o presidente da Xunta “demostrou que no  ten personalidade, nin capacidade, nin mando” para resolver unha situación na que se evidenciou como “escapista de profesión”. 

Torrado responsabilizou ao goberno de Galicia do “caos” que “provoca tensións” entre bateeiros, percebeiros, confrarías, a Consellería e a propia policía” mentres “ninguén acepta xa á Consellería como interlocutor”.

O deputado socialista presentou unha proposición non de lei para retomar o diálogo que o goberno galego crebou deliberadamente co Decreto 153/19  co que pecharon “unilateralmente e en base a informes de hai 20 anos” as zonas de extracción de mexilla que os bateeiros compartían coas zonas de traballo dos percebeiros”. Reclamou que tomen decisións baseadas en informes actualizados e obxectivos elaborados por persoal investigador e técnico da propia Consellería.

De ser así, os socialistas terían razón á crítica, porque habería motivos para entender que a  Consellería optou claramente por provocar o conflito no canto de o solucionar en base ao consenso e o diálogo.

Torrado afirma que o PP e a Xunta levaron ás partes ao descontrol, inseguridade, tensión e a unha situación límite” que, obviamente  conduciu a perdas na produción para ambos os sectores e, como consecuencia lóxica, para Galicia.

E por que se chegou a esta situación, pregunto?. E o parlamentario socialista galego resposta: por non parar, non recoñecer os erros, non volver atrás e facelo ben”.

Así de sinxelo. E pon remedios: se é necesario, revisar aínda que sexa toda a costa, vendo as as zonas unha por unha se fai falta,  para tomar decisións correctas.

Hai deriva no goberno da Xunta?. Torrado di que sí : primeiro, pechando zonas de extracción; despois, anunciando unha apertura que non decidiron ata que abriron as praias, despois os portos e, a continuación, anunciar máis aperturas  e dar marcha atrás polas queixas recibidas. 

Así de claro, así de absurdo. Saberá a Xunta que é o que está vixente neste momento, saberano  os bateeiros e os percebeiros?. E, de non sabelo nin uns nin outros, que é o que discuten, en que están conformes ou disconformes, por que pelexan, por que os bateeiros teñen que ser mazados a paus cando en realidade ninguén sabe o motivo polo que uns din unha cousa e os de enfronte outra distinta cando quen ten que decidir suponse que nada decidiu ?. 

Quen me compra un lío?. 

Habera que agardar a outra carga policial para que se saiba que é o que se pode ou non se pode facer e sabelo por dereito?.

País!!.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.