O curso escolar arrincará en Galicia o venres 8 de setembro para todas as etapas

01 Abril 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xa remitiu aos sindicatos a súa proposta de calendario escolar para o curso 2023/2024, que volve recoller que todas as etapas –Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP– arrincarán e concluirán á vez as clases: do venres 8 de setembro ao xoves 20 de xuño, ambas as datas incluídas.

As únicas excepcións, como vén sendo habitual, serán 2º de Bacharelato, xa que o fin do período lectivo dependerá das datas da Avaliación para ou Acceso á Universidade (ABAU); e os ensinos de réxime especial, que terminarán o 28 de xuño.

Así figura no borrador remitido ás organizacións representadas na Mesa Sectorial –CIG, UXT, CCOO, ANPE e CSIF–, órgano que se reunirá o próximo 18 de abril para abordar o calendario.

A proposta da Xunta recolle que as vacacións de Nadal serán do venres 22 de decembro ao venres 5 de xaneiro, de forma que os alumnos reincorporaríanse o luns 8. Ademais, as de Entroido serán do luns 12 ao mércores 14 de febreiro e a Semana Santa irá desde o luns 25 de marzo ao luns 1 de abril, que tampouco haberá clase.

Á parte destes períodos, a Xunta fixou o Día do Ensino para o xoves 7 de decembro, entre os festivos do mércores 6 e o venres 8. Ademais, os colexios e institutos terán liberdade para escoller un ou dous días no caso de que algún dos festivos locais caia en xornada non lectiva. Os centros deberán remitir as súas propostas á Administración autonómica antes do 20 de outubro.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.