O Concello da Pobra inviste máis de 25.000 euros para material de atletismo

03 Abril 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal inviste 25.575’33 euros na renovación de parte do material de
atletismo: xavelinas, cintas métricas, valos, listóns, indicadores de distancia, un xergón… Adquiríronse tamén elementos novos cos cales aínda non se contaba: un marcador, un anemómetro e prismas de saída.
A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), manifesta que se continúa así na liña de traballo de facilita-la práctica deportiva dos clubs do municipio. Neste caso, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza será a entidade beneficiaria. O seu presidente, José Moure, comunicoulle o agradecemento por esta nova prestación que facilitará o desenvolvemento da súa actividade cotiá e das competicións que organizan.
A este respecto, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), lembra que está na fase de execución o proxecto de construción do módulo cuberto no estadio municipal da Alta e tamén indica outras actuacións pendentes como, por exemplo, a renovación da pista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...