O circuíto de pump truck de Noia estará habilitado ata o 11 de abril

05 Abril 2023

O Concello de Noia instalou estes días en San Lázaro unha pista de pump truck que permanecerá habilitada para que todos aqueles, que o desexen, poidan facer uso da mesma coa scooter, patíns, skate ou bicicleta. Concretamente, o equipamento deportivo estará instalado dende o 31 de marzo até o 11 de abril, a disposición das seareiras e dos seareiros dos deportes urbanos.

Ademais, o pasado sábado 1 de abril tiña lugar no mesmo emprazamento de San Lázaro a competición Speed Ring Contest que congregou a máis de 60 participantes nas modalidades de BMX, scooter, skate e roller. Resultou todo un éxito, tanto polo nivel dos competidores como pola gran afluencia de público. As actividades foron organizadas polo Concello e contaron coa colaboración de Vella Escola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.