O ciclo da USC para persoas maiores ofrece esta tempada media ducia de actividades formativas en Rianxo

19 Abril 2023

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Rianxo, lanzou no municipio rianxeiro unha nova edición do seu proxecto de democratización do coñecemento para persoas maiores: o Cuarto Ciclo chamado Camiños de Coñecemento e Experiencia. A convocatoria vén con media ducia de actividades a desenvolver entre abril e maio.

Este programa está dirixido a persoas que desexen seguir aprendendo e enriquecer a súa formación. “Os Camiños de Coñecemento e Experiencia en Rianxo proporcionan unha oportunidade única para acadar novos coñecementos sobre diferentes temas, tales como historia, arte, literatura, ciencia, tecnoloxía e moitos máis”, explican dende o Concello, engadindo que as inscricións deben formalizarse a través de cultura@concelloderianxo.gal ou chamando ao teléfono 981 100 688.

As conferencias van desenvolverse no Auditorio de Rianxo, seguindo o seguinte programa:

  • MARTES 18/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: Idadismo, desterrando prexuízos I.
Nieves Rodríguez Soler, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

  • MÉRCORES 19/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: Os dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar.
Técnica do Instituto Galego de Consumo

  • XOVES 20/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: Os servizos no fogar: luz, gas, telefonía e internet.
Técnica do Instituto Galego de Consumo

  • MÉRCORES 26/04/2023 16:30-18:00h

Seminario: A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán.

Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

  • XOVES 27/04/2023 16:30-18:00h

Sesión práctica: Interpretación da carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán.
Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

  • MARTES 02/05/2023 16:30-18:00h

Seminario: Idadismo: desterrando prexuizos II.

Nieves Rodríguez Soler, Socióloga e Xerontóloga social. Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...