O BNG convoca á veciñanza de Bandourrío (Ribeira) para revitalizar o barrio

28 Abril 2023

O Bloque Nacionalista Galego convida aos veciños e veciñas de Bandourrío a un encontro veciñal que terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril ás 13:00 horas no bar Cocoluche (Praza de Teruel).

O responsábel local, Xabier Vidal Peón, fai un chamamento á veciñanza a asistir a este café veciñal “no que pretendemos abordar os problemas que ten o noso barrio e coñecer as solucións que desde o BNG formulamos para revitalizar o barrio orixinario de Ribeira”.

Vidal Peón avanzou que falarán de seguridade, de conseguir espazos públicos para a veciñanza, mellorar o mantemento e a limpeza ou de revitalizar as rúas con actividades. “O BNG vai escoitar as propostas que faga a veciñanza pero tamén imos trasladarlles as medidas que temos preparadas para revitalizar un barrio que ten moitísimo potencial, ao igual que todo Ribeira, só é preciso un equipo preparado como o do BNG para desenvolver esas potencialidades”.

—

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.