“Novas tecnoloxías para os coches, coa intención de reducir o número de vítimas”. Antón luaces

10 Abril 2023

Coa intención de reducir o número de accidentes de tráfico ocasionados pola velocidade, a Dirección Xeral de Tráfico obrigará nos vindeiros meses aos vehículos nov os e homologados a levar un ISA, Asistente de Velocidade Intelixente que forma parte dun paquete de sistemas de seguridade que a Unión Europea aprobou en 2018.

Trátase dun dispositivo enmarcado nos Sistemas Avanzados de Asistencia á Condución que serán obrigatorios para algúns coches. Concretamente, para aqueles que sexan de nova fabricación dentro do mercado europeo.

Tendo en conta o Regulamento Xeral de Seguridade dos Vehículos da Unión Europea, unha das finalidades perseguidas é a diminución da mala calidade do aire existente.

Este Asistente Intelixente de Velocidade (ISA) advirte ao condutor cando supera os límites legais, e será obrigatorio nos vehículos novos homologados en Europa a partir de 2022, e nos novos vendidos a partir de 2024. O ISA dispón dun software que lé os sinais de tráfico e pode adaptar a velocidade do vehículo á máxima permitida en cada treito de estrada. Para recoñecer a sinalización vertical, o sistema combina a información captada por unha cámara (situada a cotío detrás do retrovisor) cos catos do GPS. Cando o dispositivo deteta  que o automóbil circula a un ritmo alto, envía unha alerta óptica, háptica e/ou sonora . No caso de que o condutor non reaccione diante do aviso, o propio sistema pode actuar sobre o motor ou o acelerador. A persoa que conduce ten a posibilidade de desconetar o ISA pulsando unha teclas ou mesmo pisando o acelerador con maior forza, por exemplo para realizar un adiantamento. Hai que ter en conta que cando o aprobe a nova Lei de Tráfico, xa non se poderá superar en 20 quilómetros/hora a velocidade máxima permitida para realizar un adiantamento nunha estrada convencional. Algunhas marcas xa anunciaron que limitarán a velocidade máxima dos seus vehículos, e que os centros ITV poderán verificar o correcto funcionamento destas tecnoloxías.

A imposición de equipos de tecnoloxías de asistencia á condución (ADAS) pretende contribuir a millorar a seguranza vial, algo que esixen  feitos  como os derivados dun estudo do Parlamento Europeo que utiliza 8 dispositivos entre os que se inclúe a cámara traseira, o detector de fatiga e a freada de emerxencia, que evitarán ata 25.000 falecidos e 140.000 feridos graves nos próximos 18 anos.

As estimacións fan pensar que se pode reducir a mortalidade un 20%.

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.