Nova sesión na Pobra da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

11 Abril 2023

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, presidiu neste 11 de abril a terceira reunión
da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, integrada por axentes de distintos ámbitos do municipio.
Neste momento hai 18 casos activos de violencia machista, cuxo seguimento efectúan os corpos de seguridade que, dende a incorporación ao sistema VioGén no mes de febreiro, coordinan os efectivos: á Policía local correspóndenlle aqueles casos cun nivel de risco baixo ou non apreciado, mentres que a Garda Civil asume os de maior risco.
Valoráronse tamén positivamente as actividades realizadas en relación co 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e do 8- M, Día Internacional da Muller, que contou coa implicación da comunidade educativa e de tecido asociativo. Puxéronse sobre a mesa, ademais,
propostas xurdidas por representantes destes eidos para seguir avanzando en materia de igualdade.
A este respecto, avaliáronse accións cara aos festexos do verán como, por exemplo, darlles continuidade aos Punto Violeta.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...