Os días grandes da Festa de San Marcos de Noia son do 21 ao 25 de abril. O Concello prepara para estas xornadas atraccións, concertos, feiras e moitísimas actividades para o goce de todos os públicos. Pero a troula non remata aí. Haberá máis a seguinte fin de semana, os días 28 e 29 abril, segundo informan desde a organización dos festexos.
Cadena Dial organiza o venres 28(21.30 horas) na praza do Tapal o concerto Únicxs Noia. Unha experiencia musical inolvidable.
Merche, Lorena Gómez, Nil Moliner e Leo Rizzi forman o cartel. As entradas poden comprarse na taquilla do Coliseo Noela e todo o recaudado irá para Cáritas e Cruz Vermella.
Un concerto benéfico con artistas moi coñecidos que farán bailar a todos os espectadores.
Merche ten cancións como Abre tu mente, Te lo mereces o Una y otra vez. Lorena Gómez foi gañadora do concurso musical Operación Triunfo no ano 2006 e estreou este ano Cara Bonita. Nil Molenir, que se fixo coñecido por versionar cancións en pequenos clubes, presentará temas como Meneíto o Nada que decir, mentres que Leo Rizzi sacou hai uns días Mi maná.
Por último, o Estival Fest chega a Noia o sábado 29 de abril con un cartel moi interesante formando polas bandas Momboi, The Rapants e Clarence Bekker.
As actuacións comezan ás 21.30 horas na céntrica plaza do Tapal. É o punto final destas celebracións dedicadas a San Marcos, polo que ninguén pode faltar para iniciar a contar atrás para as festas do 2024.