Máis de 200.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética dos xulgados en Noia cun investimento superior aos 200.000 euros

03 Abril 2023

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, acompañou esta mañá ao director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e á secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, na súa visita ao edificio dos xulgados en Noia para comprobar as actuacións de rehabilitación e mellora enerxética realizadas e nas que a Xunta de Galicia investiu máis de 200.000 euros. Unha visita na que estiveron acompañados pola concelleira Economía e Xuventude, Laura Salgado,
e polo concelleiro de Urbanismo e Obras, Martín Fernández Godón. No marco da visita, José Tronchoni, Elena Muñoz e Santiago Freire mantiveron unha xuntanza coa xuíz decana e os letrados da Administración de Xustiza, na que puxeron de manifesto o interese de apostar por este inmoble en liña co obxectivo da Xunta de facer cidade integrando os órganos xudiciais nos núcleos urbanos. Freire Abeijón destacou que as obras “se enmarcan dentro do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco histórico noiés e permitirán mellorar as condicións nas que se prestan os servizos á cidadanía
de Noia, algo que repercute directamente sobre o persoal dos Xulgados”. A maiores, lembrou que “estamos pensando nunha próxima actuación para optimizar espazos nas dependencias xudiciais e facelas máis funcionais para a cidadanía”.
As consistiron nunha actuación nos illamentos exteriores do edificio, coa retirada de todas as carpinterías existentes que foron substituída por outras novas de castaño laminado e vidro.
Tamén se reparou a porta de acceso principal e dúas das balconeiras existentes. A maiores, retirouse e substituíuse a cuberta, incluídas as carpinterías Velux, e as luminarias. Durante as obras, o Concello ofreceuse a acoller provisionalmente os expedientes xudiciais do arquivo.
José Tronchoni salientou o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas xudiciais, como o investimento de máis de 125 millóns de euros no Plan de Infraestruturas Xudiciais e a creación da Cidade da Xustiza de Vigo, á que se destinaron máis de 42 millóns de euros. A mellora dos recursos materiais complétase co impulso que lle está a dar o Goberno galego á dixitalización nos xulgados galegos a través do Plan tecnolóxico da Administración da Xustiza en Galicia, Senda 2025, presupostado en 43 millóns de euros, que se suma aos 50 millóns de euros dos dous Plans Senda anteriores.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.