Luns que empezará con chuvascos dando paso a ceo nuboso

23 Abril 2023

O luns será unha xornada de transición na que a chegada das altas presións irán estabilizando á atmosfera. Amenceremos con ceos nubrados en xeral e con chuvascos máis probables ao noroeste de Galicia. As chuvias irán remitindo pola tarde e con apertura de grandes claros ao sureste de Galicia.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do suroeste moderado, con intervalos fortes no litoral norte, baixando de intensidade cara á noite.

meteogalicia

o noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0 a 1 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:160.8 m
Preamar07:303.3 m
Baixamar13:261.0 m
Preamar19:443.3 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:090.9 m
Preamar07:223.2 m
Baixamar13:191.1 m
Preamar19:363.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:140.8 m
Preamar07:263.2 m
Baixamar13:231.0 m
Preamar19:413.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.