Jules Verne centra un espectáculo de contacontos en Boiro (este venres na Biblioteca)

19 Abril 2023

A Biblioteca Municipal de Boiro vai acoller este venres 21 de abril un espectáculo de narracións orais para pequechos. Será un contacontos arredor da figura do escritor francés Jules Verne, un dos grandes xigantes da literatura xuvenil de todos os tempos. A cita literaria dará comezo ás 17.00 horas. Está recomendada a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos. As prazas serán limitadas e as inscricións haberá que facelas na propia Biblioteca ou no 981 84 84 10. O espectáculo sobre Jules Verne encádrase nas celebracións do Día do Libro (o 23 de abril), que terán continuidade o sábado seguinte cunha narración oral de historias de Disney para nenas e nenos de 3 a 6 anos, tamén na Biblioteca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...