Familias do IES da Pobra poderán adquirir ferramentas para a xestión emocional na adolescencia

12 Abril 2023

Froito da colaboración entre a Concellaría dos Servizos Sociais e o IES da Pobra do Caramiñal colleu corpo esta tempada unha nova acción formativa dirixida a familias do alumnado do centro: un curso sobre estrés e ansiedade na adolescencia. Terá lugar no 15 de abril, de 10.00 a 14.00 horas, no salón de usos múltiples da instalación educativa.

Será o terceiro obradoiro conxunto desta índole que se organiza en común nos últimos anos. A educadora familiar do Concello, Lidia Martínez, explicou a importancia deste tipo de formación específica para a xestión das emocións, especialmente “dado o aumento dos protocolos de risco suicida en adolescentes”. A este respecto, o director do referido centro de estudos, Alejandro Bobillo, indica que este tipo de iniciativas outorgan ferramentas que tamén redundan positivamente na comunidade educativa.

A dita acción será impartida por Carlos Santiago, experto en intelixencia emocional, e os contidos para tratar son a mellora dos estados emocionais e das relacións interpersoais, o establecemento de relacións empáticas, a resolución de conflitos, a comunicación, a autoestima e a redución da ansiedade e axuda para superar os estados depresivos.

Dirixido a nais e pais de alumnado de tódolos cursos, a inscrición efectuarase a través da aplicación abalarMóbil.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...