Falece Ramón Martínez Caamaño, párroco emérito de Torea

12 Abril 2023

Esta xornada do mércores traenos a triste nova do pasamento de Ramón Martínez Caamaño, Moncho de Chuvasco, cura emérito da parroquia de San Xián.

Antes de dedicarse á actividade pastoral foi un home de mar. Como patrón de pesca percorreu os mares de África e América, ata que, ao redor dos 40 anos, sentiu a chamada da fe e estudou teoloxía e filosofía na Universidade Pontificia de Salamanca.
A partir de aí exerceu como cura en varias parroquias dos arredores de Muros, ata que foi destinado ao Hospital Clínico Universitario da Coruña, lugar onde foi capelán durante case 20 anos.

Os diversos problemas de saúde que sufriu a principios dos 2000 minguaron a súa forma física, pero non a súa paixón por darse aos demais. Martínez seguiu exercendo como capelán mentres lle foi posible, para logo pasar a ser cura de Tourea.

Os seus restos mortais atópanse no tanatorio da parroquia de Serres e será enterrado no cemiterio de Muros a este xoves as 17.30 horas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...