Éxito de público e participación no XXXVII Rali Berberecho de Noia

20 Abril 2023

A Escudería Berberecho e o Concello de Noia concluíron a finde pasada a nova edición do Rali Berberecho de Noia, que pasará á historia por ser unha das edicións onde máis e mellor resposta do público se rexistrou, tanto na xornada do venres como en cada etapa-tramo das celebradas o sábado.

O líder do campionato galego Víctor Senra, quen xunto ao co-piloto David Vázquez, da escudería Yacar Racing, fixéronse co triunfo final.

No podio estiveron acompañados por Alberto Meira e Avelino Martínez e Francisco Dorado e Andrea Lamas.

Finalmente participaron 121 deportistas.

O Concello, a través do alcalde Santiago Freire, felicitou ao piloto noiés Francisco Oviedo, e ao co-piloto José Manuel Vicente, que se fixeron coa vitoria no trofeo Portus Apóstoli, categoría só para corredores da Escudería Berberecho.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...