Este venres toca degustar en Outes os xurumelos de San Cosme

26 Abril 2023

Este venres 28 ás 19:00 horas, o Centro Social de San Cosme (concello de Outes), vai dar acollida a unha importante celebración gastronómica: unha degustación de xurumelos de San Cosme.

Os xurumelos (gromos tenros das cebolas e as ceboliñas) presentaranse elaborados á brasa. O punto forte da celebración serán as cebolas e ceboliñas de San Cosme, que son un produto estrela dentro do territorio e forman parte dunha longa tradición que vén de antigo e que até o de agora se centraba no autoconsumo, ampliándose a marxe, na actualidade, para a súa reivindicación como materia prima gastronómica de primeira orde. As cebolas e ceboliñas de San Cosme teñen a particularidade e ser propias da contorna de Outes e de estar libres da acidez que caracteriza a outras especies de fóra, o que significa que non xera proídos nos ollos e é moi axeitada para caramelizar.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...