Este venres arrinca o San Marcos de Noia cunha homenaxe benéfica aos Tamara

20 Abril 2023

Este venres 21 de abril darán comezo a agardada nova edición das Festas de San Marcos, unha das celebracións máis destacadas da xeografía galega e, segundo lembran dende Cultura do Concello, “cunha tradición centenaria”. Os festexos contarán cun amplo programa lúdico e cultural, con concertos, música tradicional, xogos populares, a histórica feira cabalar e moitas outras actividades ao longo de algo máis dunha semana enteira de celebracións (do 21 de abril ao 29 de abril). A festa comezará este venres cunha actuación solidaria no Coliseo Noela en homenaxe aos Tamara (Unha noite na eira do trigo), en beneficio do labor de Mans Unidas. Isto será ás 19.00 horas. Pola noite haberá actuacións na Alameda de Disco Móvil Chocolote e Disco Móvil CDC.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...