Este sábado, novo contacontos no Centro Lustres Rivas de Ribeira

17 Abril 2023

O ciclo Abril dos Libros que co-organizan as Concellerías de Cultura e Educación continúa coas propostas para o público infantil e familiar nesta segunda quincena de abril.

Entre elas, este sábado, 22 de abril, ás 12.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas, coñeceremos algunhas das coplas recollidas por Antonio Fraguas no Cantigueiro de Cotobade. Tamén aprenderemos a cantar as que nos falan da nosa fauna, animaliños que recoñeceremos grazas ás marabillosas ilustracións de David Carballal no libro ilustrado Pequena fauna do Cantigueiro de Cotobade. E será Halima Shalabi, cantareira de Pan Sen Fon (Pandeireiteiras Sen Fronteiras) quen poña voz ás coplas.

Para asistir cómpre inscribirse enviando un correo a normalizacion@ribeira.gal co número de persoas que van asistir, idade dos nenos e das nenas e un teléfono de contacto. Recibirase un correo de volta confirmando a reserva.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.