Entran en funcionamento este último trimestre escolar os Camiños Escolares Seguros na Pobra

03 Abril 2023

No terceiro trimestre do actual curso entrarán en funcionamento os Camiños Escolares Seguros en dous centros educativos do núcleo urbano da Pobra. O Concello quixo deseñar deste xeito un itinerario que parte da praza Alcalde Segundo Durán, para seguir por rúas peonís ata o inicio da rúa Venecia, onde se bifurca para se dirixir ao CEP Salustiano Rey Eiras e ao IES da Pobra do Caramiñal a carón da estrada. Amais, procedeu á colocación de sinalización horizontal e vertical. En canto a esta última, o camiño que leva ao centro da primaria conta co distintivo dun lapis, mentres que o da secundaria consiste nunha mochila.

O concelleiro da Mobilidade, Xabier Santos (BNG), xunto coa súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), e a xefa de estudos do referido centro educativo da primaria, Daniela Martínez, explicou que o obxectivo é “recuperar a tradición de camiñar xuntas e xuntos á escola dunha maneira segura”.

Deste xeito, o proxecto iníciase con dous tramos que se ampliarán a un terceiro no vindeiro ano académico.

Previamente, fíxose un estudo para determinar a viabilidade da iniciativa, efectuáronse intervencións necesarias e repartíronse enquisas entre o alumnado. Tamén se contará con voluntariado para esta ruta, ademais de establecementos hostaleiros e comerciais colaboradores por se a rapazada se perde ou se sente indisposta durante o traxecto. Xa á volta da Semana Santa impartiranse charlas e repartiranse chuvasqueiros e material informativo.

O edil apuntou que este programa actúa “en diversas vertentes”: pedagóxica, ao fomentar hábitos saudábeis e o desenvolvemento da autonomía do alumnado; ambiental, ao diminuír a emisión de gases contaminantes e os ruídos; urbana, coa mellora do tráfico na contorna dos colexios; e política, ao impulsar un modelo de concello “moito máis humano.” Santos agradeceu a implicación no proxecto, especialmente, da comunidade educativa.

En representación do CEP Salustiano Rey Eiras, Daniela Martínez amosouse partidaria do percorrido a pé ata os colexios e informa do apoio a esta iniciativa que o incentiva de maneira segura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.