A Policía Local de Ribeira informa de que no control efectuado onte á noite conxuntamente coa Policía Nacional, seis condutores foron denunciados por alcoholemias: catro por infracción administrativa e
dous por delito contra a seguridade viaria.
Doutra banda, un condutor implicado nun accidente tambeu deu positivo en alcoholemia, dando lugar á tramitación de dilixencias por delito contra a seguridade viaria.




