Dúas persoas detidas na Pobra nunha operación antidroga

02 Abril 2023

Na Pobra as queixas de veciños por un local hostaleiro no que se producían altercados durante a madrugada alertaron á Garda Civil que puxo en marcha a operación Barranilla cuxo resultado foi a detención dos dous rexentes do establecemento e a incautación de cocaína, haxix e tabaco sen precintas fiscais.

Os axentes, coa colaboración da Policía Local da Pobra, levaron a cabo un rexistro no establecemento, unha vez que constataron que efectivamente se consumían e vendían substancias estupefacientes no seu interior. No transcurso da inspección do local, acharon 51 dose de cocaína, 31 de haxix, unha báscula de precisión para pesar a droga, recortes plásticos para a confección das doses e 21 paquetes de tabaco que se considera que é de procedencia ilegal.

A Garda Civil detivo ás dúas persoas que estaban á fronte do local, veciñas de Boiro, ás que considera presuntas autoras dun delito contra a saúde pública. Tanto os sospeitoso como as actuacións dos axentes e os efectos intervidos foron postos ao dispor do Xulgado de Garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.