Comeza neste arrinque de abril a segunda fase das obras do Polideportivo de Venecia

03 Abril 2023

O Concello da Pobra confirmou que estes primeiros días de abril comezará a segunda fase da intervención no Polideportivo de Venecia. Así o fixeron saber o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra).

A actuación principal será a substitución da pista. Tralas reunións coas entidades deportivas que fan uso desta instalación, determinouse que “a mellor opción era a colocación de pavimento deportivo área-elástico cun acabado en madeira de faia”, explicaron, engadindo que tamén se operará nas varandas e a cerrallaría metálica; procederase a pintar o interior e mailo exterior; renovarase o corredor inferior da bancada principal; realizarase a pavimentación das bancadas con revestimento elástico para interiores a base de resina epoxi; farase unha reforma dos aseos para favorecer a accesibilidade; colocaranse dúas novas portas exteriores e realizarase a reparación doutras tres; e executarase unha mellora da accesibilidade e iluminación.

Sotega Noroeste resultou ser a empresa adxudicataria por un importe de 229.813’61 euros, cun prazo de execución de cinco meses. O rexedor apunta que estas obras complementan a do cambio da cuberta, executada pola vía de emerxencia no pasado ano, polo cal o investimento total nesta dependencia supera os 450.000 euros. Mestres tanto, trasladarase a actividade dos clubs que fan uso dela ao Polideportivo da Tomada e edificios municipais de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.