Chegan a Noia as obras gañadoras e finalistas do 15º Premio Luis Ksado

11 Abril 2023

A exposición Luis Ksado 15º Premio de Creación fotográfica, impulsado pola Deputación da Coruña, xa se pode visitar no 1º andar do edificio do Casino de Noia ata o 20 de abril. O horario para visitala é de Luns a venres de 10:30 a 14:30 horas.

A mostra, que estivo o ano pasado, por estas mesmas datas, na Casa da Cultura da Pobra, vén con diferentes apartados ou categorías (fotoxornalismo, fotografía documental, fotografía de retrato), que engloban as imaxes gañadoras e finalistas do dito certame, na súa edición de 2022. Inclúense obras tan sobranceiras como Atrapados ás portas de Europa, de José Manuel López; Tempos de pandemia, da autoría de Brais Lorenzo; Horizonte de area, de Javier Atienza; Morrer de soños, presentado por Clemente Bernard sobre a Guerra Civil; Estrada descoñecida, de Jesús Caballero; Segunda pel, de Miguel Gómez Muñiz; e A esmorga, de Jesús Madriñán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.