Cambio de timonel en Terra de Outes

24 Abril 2023

Intervencións de Ramón Blanco e Xoán Mariño

O pasado sábado 22 de abril, no seu local social do antigo colexio do Cruceiro de Roo tivo lugar a asemblea extraordinaria da Asociación Terra de Outes na que se acordou, en primeiro lugar adherirse á Plataforma pola Defensa da Ría de Noia e en segundo lugar proceder á elexir unha nova directiva que, en lugar do ata agora presidente Xoán Mariño, estará presidida por Xesús Mato, que ata o presente era o representante nela da sección mariñeira.

Con posterioridade á asemblea tivo lugar a inauguración da biblioteca de Terra de Outes que, en palabras do bibliotecario, Ramón Blanco, agárdase que sexa de uso non só dos socios, senón dos veciños de Outes, para os que se abrirán as portas determinados días da semana. No seo desta biblioteca tamén tivo lugar a presentación do novo número da revista trimestral de Terra de Outes, que chega xa ao nº 62 e que para Xoán Mariño, encargado de presentala e, como palabras de despedida, manifestou que tanto esta revista como a biblioteca e o resto do patrimonio (embarcacións tradicionais, colección de arte, fondos informáticos, económicos, mobiliario…) xunto coa longa traxectoria cultural e cívica ( en forma de congresos, cursos, xornadas culturais, publicación de libros, actos da memoria histórica) sobradamente recoñecida no ámbito comarcal constitúen un legado que agarda que a nova directiva que colle o relevo ao timón da Asociación saiba non só conservar, senón tamén incrementar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...