As farmacias de Galicia cambian este luns os seus horarios

09 Abril 2023

As farmacias de Galicia cambiarán desde este luns os seus horarios de atención ao público. Farano seguindo o establecido no decreto publicado o pasado 20 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia, que regula os horarios, quendas de urxencia e vacacións nas oficinas de farmacia, así como os profesionais necesarios.

A Xunta busca unificar os horarios das farmacias galegas e igualar as quendas de 24 horas nas catro provincias a través desta medida.
As farmacias deberán estar abertas un mínimo de 38 horas e media á semana, establecéndose un mínimo de sete horas diarias de luns a venres. A apertura dos despachos farmacéuticos será de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas, do 16 de setembro ao 15 de xuño e de 9:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas, do 16 de xuño ao 15 de setembro.

O horario mínimo obrigatorio dos sábados será de tres horas e media, distribuídas de 10:00 a 13:30 horas. O decreto, con todo, poderá aprobar a proposta dos colexios oficiais autorizar para as oficinas “en viabilidade económica comprometida” un horario mínimo de luns a venres continuado, entre as 9:30 e as 16:30 horas.

O decreto recolle tamén unha excepción para os sábados. Os colexios oficiais poderán propoñer á Consellería de Sanidade autorizar ás oficinas de farmacia da súa provincia o seu peche a condición de que se garanta unha adecuada atención farmacéutica na zona na que estea instalada e polo menos o 50 % das oficinas de farmacia da zona estean abertas.
As oficinas de farmacia poderán permanecer abertas ao público fóra dos horarios ou xornadas sinalados como mínimos no artigo anterior. A persoa titular ou os cotitulares da oficina de farmacia poderán ampliar o horario mínimo obrigatorio flexibilizando o número de horas.

Isto poderase facer de dúas formas diferentes: ata un máximo de 13,5 horas diarias, a realizar entre as 8:30 e as 22:30 horas, ou durante 24 horas continuadas todos os días do ano. Aquelas que opten pola primeira opción poderán escoller un máximo de dous horarios diferentes: un do 16 de setembro ao 15 de xuño e outro do 16 de xuño ao 15 de setembro.

Se unha oficina de farmacia quere permanecer aberta os domingos ou festivos no período para o cal o horario ampliado estea vixente, o horario de apertura deberá ser o mesmo que o realizado en sábado. Esta apertura deberá manterse todos os domingos ou festivos do período.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.