Este venres 21 de abril de 2023 Amicos clausurou en Ribeira o curso Conserxe recepcionista, pertencente ao programa Más Empleo que desenvolve a asociación solidaria e integradora do Barbanza coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. A formación impartiuse nas aulas da rúa Cristobal Colón, en Ribeira e contou coa colaboración do Concello de Ribeira.
Os quince alumnos e alumnas participantes recibiron un diploma recoñecendo o seu esforzo. A formación, dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 40 horas na modalidade presencial, a cal permite achegar aos participantes ao mercado laboral.
O peche acudiu Ana Barreiro, concelleira de Servicios Sociais de Ribeira, quen afirmou que “para o Concello é un pracer contar con Amicos e contribuír a formación dos que máis o precisan”, con isto aproveitou a ocasión para felicitar ás persoas que completaron a formación, e recalcou que con este tipo de cursos e a través do plans de inclusión da asociaciñon, esperan pechar o círculo cun bo proveito para todos, e así favorecer a posibilidade de inserción laboral.
Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas e Emprego de Amicos quixo dar as grazas a todos os participantes, recoñecendo o esforzo realizado e animándoos a ter unha boa actitude de cara o mundo laboral.
Tamén estivo presente Marta Besada, técnica de Amicos no programa Máis Emprego, que mostrou o seu desexo de acadar que “esta formación poda achegar novas oportunidades laborais aos participantes” e aproveitou a ocasión para animalos a seguir formándose e conseguir os seus obxectivos.
Doutra banda, Rosa Agrelo, técnica de Amicos no programa Máis Emprego remarcou que grazas a esta formación os participantes poderán ter novas oportunidades no mercado laboral, aproveito a ocasión para agradecer o apoio ao Concello de Ribeira pola cesión das aulas.




