Ambar inicia unha nova formación sobre actividades auxiliares de comercio, almacén e reparto a domicilio (fase 2)

10 Abril 2023


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional iniciou este luns 10 de abril a formación
Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio, impartida no seu Centro de Recursos da Barbanza (no lugar de Frións, Ribeira).

Segundo explicaron fontes de Ambar, esta formación está destinada a persoas con diversidade funcional e ten como obxectivo que “as e os participantes obteñan un perfil polivalente na área de comercio, para a ocupación de postos como repoñedores, repartidores ou auxiliares de comercio”.

Na presentación deste luns estivo presente o alumnado que se inscribiu na formación, acompañados por Daniel Tojo, orientador laboral; Jaime Capilla, coordinador do proxecto; Milagros Rey, presidenta de Ambar e Irene Paz docente da formación.

Esta actividade é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE concedido na convocatoria de axudas económicos Uno a Uno e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo , O FSE inviste no teu futuro.

Data e duración da actividade formativa
Fase teórica: Do 10 de abril ó 20 de xuño de 2023.
Fase práctica: Do 21 de xuño ó 19 de setembro de 2023.

Horario
Horario de mañá., 4 h.
O horario é de 09:45 a 13:45 h.
Duración: 320 h.
200 horas de formación teórica.
120 horas de prácticas en empresa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.