Adxudicada de xeito provisional a construción da nova Biblioteca Municipal de Ribeira

21 Abril 2023

O Concello de Ribeira informou da adxudicación provisional do proxecto da nova Biblioteca Municipal, que se vai erixir no inmóbel coñecido como Casa Gran Sol, en plena rúa de Galicia. A actuación vén de recaer (de acordo coa clasificación efectuada pola empresa de contratación) na firma Ogmios Proyecto S.L. cunha puntuación de 78,52 puntos e unha oferta económica de 1.239.660, IVE incluído. O Concello lembra que esta intervención está financiada con cargo aos fondos de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Conforme ao proxecto técnico, elaborado pola firma Oxil Arquitectura, proponse unha instalación que “vai permitir triplicar a superficie actual da biblioteca emprazada na rúa Manuel Lustres Rivas”, e que ostenta unha “forte aposta pola máxima eficiencia enerxética nas súas condicións ao tempo que estará perfectamente integrada na arquitectura da contorna”, explicou o Concello, engadindo que se busca incrementar a superficie dispoñíbel no edificio de dous andares dándolle unha planta máis e construíndo ás súas costas outro edificio de similar volume, estética e características. Ambos estarán unidos por un ascensor.

Ademais, na zona posterior do solar acondicionarase un patio axardinado de 200 metros cadrados ideado para a realización de actividades ao aire libre complementarios á biblioteca.

En canto aos fondos bibliográficos, situaranse principalmente nun espazo soterrado. Tamén disporá de sala infantil, sala de estudo, sala de informática, dúas salas de “silencio absoluto” e outros espazos. A superficie total de actuación será de 797 metros cadrados sobre unha parcela de 431 que, cómpre lembrar, foi adquirida polo Concello coa intención de efectuar esta intervención.

Por outra parte, na busca da máxima eficiencia enerxética váiselle dotar dunha envolvente técnica, instalacións de baixo consumo, paneis solares fotovoltaicos e un alxibe de pluviais que permitirá recuperar e facer circular as augas grises.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...