Aberto o prazo de presentación para XV Concurso Fran Pérez “Narf” da Deputación

05 Abril 2023

Dende este mércores 5 de abril e ata o 15 de xuño permanece aberto o prazo para que artistas e grupos musicais presentes traballos para o XV Concurso Fran Pérez “Narf”, que convoca a Deputación da Coruña. Poderán participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae…), que non fosen premiados nos cinco anos naturais anteriores do concurso. O certame contempla un total de 7.500 euros, cun primeiro premio de 4.000, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.500.

Segundo se establece nas bases as persoas participantes non poderán formar parte de máis dun grupo dos que concursen. As e os artistas que se presenten individualmente tampouco poderán formar parte de grupo ningún. Cada grupo ou artista participará cun mínimo de catro temas orixinais (tanto na letra, como na música) e compostos polo grupo ou persoas que o compoñen ou pola artista ou polo artista, no caso de participaren individualmente; se hai máis de catro temas, deberán indicar os que sexan orixinais. A maqueta dos temas presentados terá unha duración máxima de 20 minutos.

O obxecto da convocatoria é difundir, apoiar e promover os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”. Algunhas das bandas gañadoras deste premio son Mounqup, Bala, Familia Caamagno ou Peña, entre outros. Na pasada edición resultaran gañadores os boirenses Mallou.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

As bases están publicadas no BOP do 20 de marzo e poden consultarse e descargarse dende web do boletín provincial.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...