A Xunta local da AECC da Pobra do Caramiñal encara unha nova etapa tralo cambio de directiva

11 Abril 2023

A Xunta Local da AECC da Pobra do Caramiñal atópase inmersa nun proceso de cambios, xa que vén de producirse unha renovación na súa xunta directiva. Logo de 8 anos traballando arreo con Rosa Fernández Parada como presidenta, durante os cales se levaron a cabo distintas actividades como as ceas solidarias,
torneos solidarios ou charlas con importantes profesionais sobre diferentes temáticas relacionadas coa enfermidade, a anterior xunta disólvese para dar paso a unha nova etapa cunha nova directiva. Trátase dun grupo que integra varias caras novas nos cargos de máxima responsabilidade e que conserva a experiencia de dúas persoas que xa formaban parte da anterior directiva. No día de hoxe, a presidenta é Mª Teresa Pérez Torres, quen conta cunha experiencia de máis de 20 anos no voluntariado e que acompañou á anterior directiva dende os seus inicios. A nova xunta quere aproveitar esta nota para agradecer o traballo realizado por tódalas persoas que a integraban ata o de agora.
Ademais, a nova xunta xa leva traballando un tempo no desenvolvemento de novas actividades e a primeira delas vai ter lugar no vindeiro 13 de maio: trátase da Andaina Solidaria A POBRA DO CARAMIÑAL EN MARCHA CONTRA O CANCRO. Para iso, convidan a participar á toda a poboación nunha andaina que se perfila adecuada para tódolos públicos, pois haberá un percorrido de 8 km para as persoas que estean máis afeitas a andar e outro de 3,5 km para todas aquelas que vaian con nenos e nenas ou que simplemente prefiran facer o percorrido máis curto. O prezo dos dorsais é de 5€ para as persoas adultas e de 3€ para nenos e nenas ata 12 anos, ademais coa inscrición recibirase un dorsal personalizable. As inscricións poden realizarse presencialmente en FARMACIA MARÍA ABEIJÓN, FARMACIA TATO, FARMACIA ELSA PEÑARANDA MARTÍNEZ, FARMACIA MANUELA BARROSA, FARMACIA MATEU VIDAL, PIZPIRETA MERCERÍA, SPORT MANIOTAS, EL SALÓN:PELUQUERÍA, CENTRO DE BELLEZA Y BIENESTAR.
PELUQUERÍA MARY, PELUQUERÍA IRENE, MI BARQUITO DE PAPEL MUEBLES LIJÓ E NAS MESAS INFORMATIVAS DA ASOCIACIÓN situadas NA PRAZA DE MAURA OS MÉRCORES, SÁBADOS E
DOMINGOS DE 11:00H A 13:00H. Tamén se poden realizar en liña na páxina web: https://www.rockthesport.com/es/evento/a-pobra-en-marcha-contra-o-cancro-2023

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...