A Xunta aposta en Boiro polas microformacións para incrementar a calidade do mercado laboral de Galicia

20 Abril 2023

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, puxo en valor hoxe o desenvolvemento en Boiro da I Feira de Emprego do Barbanza destacando que este tipo de eventos supoñen unha oportunidade para as persoas que buscan emprego, para as que queren mellorar o seu nivel laboral e tamén para as empresas que buscan talento. “É unha porta aberta a incrementar a empregabilidade e a novas oportunidades laborais”, destacou Lado na súa intervención no foro sobre Estratexias en materia de formación e emprego que tivo lugar na Feira.

A directora xeral sinalou que para manterse no mercado laboral é clave ter unha actitude proactiva cara á aprendizaxe permanente ao longo de toda a carreira profesional “coa certeza de que a formación vaivos facer mellores profesionais, máis cualificados e dávos confianza e seguridade á hora de buscar emprego”, apuntou.

Neste senso, indicou que as microformacións ou microcredenciais son unha experiencia breve de aprendizaxe que constitúen unha vía para a adquisición selectiva e flexible de coñecementos, capacidades e competencias. É unha opción formativa que recolle, tal e como explicou Lado, a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, que está a executar a Xunta e que aplica principios da Axenda Europea de Capacidades á realidade de Galicia. “O fin último da Axenda é mobilizar un esforzo concertado de investimento de calidade en capacidades para todas as persoas en idade de traballar en toda Galicia para mellorar a súa empregabilidade e competitividade, reter e atraer talento e incrementar a eficiencia do emparellamento entre demanda e oferta de traballo”, salientou.

A Xunta, en definitiva, -apuntou Lado- traballa en conectar ao tecido empresarial coas persoas demandantes de emprego “para dar saída ás vacantes laborais co propósito de desenvolver un mercado de traballo de calidade”. Neste senso, sinalou a boa evolución do mercado laboral da comarca do Barbanza na que se incrementaron as afiliacións nun 10% entre 2017 e 2022, por riba da media galega (5,57%), ao tempo que caeu o desemprego, nun 40,71% neste mesmo período, o que supón que dous de cada cinco persoas sen emprego abandonaron as listas do paro. Lado afirmou que, por sexos, o incremento das afiliacións estivo liderado por mulleres, que supoñen 4 de cada 5 novas afiliacións e por sectores salientou a suba das cotizacións na industria, cun aumento do 6,77%.
Para rematar, avogou por continuar reforzando a colaboración público-privada para conseguir unhas políticas activas de emprego e formación eficaces e eficientes.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...