Ribasieira intégrase como parroquia de alta actividade incendiaria e a Xunta adianta o plan contra incendios

27 Abril 2023

O Goberno galego aprobou este xoves a aprobación do plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), antes do que adoita ser habitual e unha vez que o Consello Forestal avaliou o documento na súa reunión do pasado martes.

Dotado de case 200 millóns de euros entre as novidades deste ano está a creación dunha unidade especializada en grandes incendios forestais.

O Pladiga mantén catro plans de actuación que inculen disuasión, prevención e investigación, extinción e formación. O operativo manterá amáis 7.000 efectivos, creandose unha unidade de directores de extinción que intervirán para favorecer a extinción dos lumes.

En relación coas parroquias de alta actividade incendiaria o Pladiga 2023 eleva o número a 40 , cinco mais que o ano pasado e entre elas atópase a de Ribasieira en Porto do Son, saíndo a de O Pindo en Carnota.

No parque de maquinaria desplegaranse 380 vehículos motoboma e mobilizaranse 30 medios aéreos aportados pola Xunta e polo Estado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...