A sociedade Lonxa de Ribeira xestionará a rula durante 50 anos

17 Abril 2023

A sociedade formada por unha decena de empresas vinculadas ao porto de Ribeira asumiu en 2017 de xeito temporal as rendas da lonxa de Ribeira. Agora o conglomerado empresarial, que se ramifica nunha firma administradora, Lonxa de Ribeira, e nunha vendeduría, Nova Lonxa de Ribeira, logrou ampliar a explotación do recinto de poxas durante os próximos 50 anos.

Desde a Consellería do Mar informaron que esta sociedade foi a única oferta que se presentou á convocatoria e detallaron que entre as actuacións que terá que acometer, tal e como figuraba no prego do concurso, atópanse deseñar e poñer en servizo un itinerario accesible á cafetería e aos restantes locais situados na primeira planta, poñer en funcionamento dous ascensores para garantir o acceso vertical de persoas e mercadorías, e poñer a punto os sistemas de seguridade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...