A segunda sesión formativa do Campus Itinerante IV Ciclo na Pobra versou sobre a protección da vista

17 Abril 2023

Un total de 35 persoas asistiu na tarde do día 14 de abril ao coloquio Para garantir a integración protexe a túa vista e os teus ollos, a cargo de María Jesús Giráldez Fernández.

Foi a segunda sesión no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal despois da que impartiu Fernando Lino Vázquez González no día 11 sobre Depresión, ao abeiro do Campus Itinerante IV Ciclo, un programa formativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dirixido á veciñanza que supera os 50 anos e a profesionais de atención ás persoas maiores.

Esta iniciativa consta dun total de seis xornadas sobre saúde repartidas entre os catro concellos de Barbanza Arousa durante os meses de marzo, abril e maio. A primeira metade dos simposios desenvolveuse xa en Boiro e na Pobra do Caramiñal, polo cal Rianxo e Ribeira constitúen as próximas paradas.

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

A Pobra volveu tinguirse de cor morada co Nazareno

Devoción. Ese é o sentimento que se palpaba na Pobra do Caramiñal nun dos seus grandes días con motivo da procesión votiva das mortallas. O terceiro domingo do mes de setembro volveu tinguirse de cor morada e ulir á cera das candeas prendidas.O repique das campás...

+

Detido por suposta venda de drogas na Pobra do Caramiñal

A Garda Civil detivo ao suposto responsable dun punto de venda de drogas na Pobra do Caramiñal. Tras varias denuncias que situaban a venda de estupefacientes vinculada ao posteriormente detido, comezou unha investigación que terminou con dous axentes sorprendendo ao...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión