María Luisa Fandiño Lagares, usuaria da Residencia de Maiores de Ribeira, está a celebrar este luns 17 de abril o seu cen aniversario e con tal motivo desprazouse ata alí o alcalde Manuel Ruiz para facerlle entrega dun ramo de flores e dunha placa conmemorativa no nome do Concello como é habitual.
A homenaxe continuará esta tarde cunha actuación musical a cargo do grupo Airiños da Guía.