“A remuda da conselleira do Mar solicitada polo secretario xeral dos socialistas galegos, non soluciona o problema da mexilla”. Antón Luaces

14 Abril 2023

A discrepancia ven de longo e ninguén lle puxo solución cando tivo oportunidade de facelo: no goberno da Xunta, PP e PSOE-BNG poideron ter aplicadas medidas encamiñadas a evitar sucesos como o da carga -o xoves-  da policía antidisturbios contra un grupo non moi amplo de bateeiros que reclamaban a modificación da decisión da Consellería do Mar que corrixe a norma para poderen estraer das rochas costeiras a cría do mexillón -mexilla ou arneirón- que eles empregan como base da súa industria  de miticultura  ou cultivo en  bateas do mexillón.

Como é ben sabido, esa mexilla ou arneirón arríncase das rochas nas que, en boa medida, comparte espazo co percebe. Por este motivo, os percebeiros reclamaron  -e reclaman- á Consellería medidas que impidan que eles perdan a campaña do percebe porque os bateeiros non teñen mexilla que encordar nas bateas. Estes, os bateeiros, demandan da mesma Consellería medidas que permitan ao seu colectivo -de grande importancia para a industria mitícola e a economía dun sector que non vive se carece de mexilla. A Xunta reparte entre ambos os colectivos as posibilidades de estraer percebe e mexilla e non  contenta a ninguén, o que o Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE entende ven ser incapacidade para lle dar unha saída a este problema.

Di nun comunicado Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, que o presidente  da Xunta, Alfonso Rueda, debe relevar das súas funcións á conselleira do Mar, Rosa Quintana, e que asuma “en primeira persoa” o papel de interlocución entre os bateeiros e os percebeiros para acadar un acordo do que dependen case 3.000 empregos directos e ata 10.000 inducidos no conxunto da cadea mar-industria.

Esquece González Formoso que os profesionais do mar teñen queixas dabondo para que Rosa Quintana fora cesada ou ela mesma pedira a demisión. E non seréi eu quen defenda a súa xestión para que se manteña no posto que ocupa desde vai unha manchea de anos. Pero que sexa o desacordo entre bateeiros e percebeiros -que xa ven de moi lonxe- un motivo para que o secretario xeral dun  partido como é o PSdeG (que tivo responsabilidades de co-goberno co BNG na Xunta e, en concreto e específicamente, na Consellería de Pesca, e non deron solución ao problema) quen demande o cesamento de Rosa Quintana, non deixa de ter o seu aquel.

Galicia ten enquistado este problema de enfrontamento entre bateeiros e percebeiros que, estou seguro, non se solucionou ata o de agora porque as partes non  queren e non porque o dano que fan ao percebe os bateeiros cando estraen mexilla sexa tan importante como para arruinar unha campaña (dito por máis dun percebeiro).  Como tamén é certo que se ofertou aos bateeiros que a mexilla fora retirada das rochas polos percebeiros e que estes percibiran unha mínima compensación económica polo traballo realizado  -que obviaba o dos bateeiros a ese respecto- ao que os bateeiros se negaron en rotundo porque “non estaban dispostos  a aceptar algo que viñera dos do percebe”.

Compre poñer en acordo a ambas as partes, algo non acadado ata o de agora. Pero non será reclamando o cesamento dunha conselleira (que o pode ter gañado por outras actuacións) como se solvente este enfrontamento no que agora tamén se ve involucrada a policía antidisturbios, a máis de dous bateeiros  detidos e varios outros compañeiros con mazaduras no corpo consecuencia do uso pola policía das súas “defensas” (antes, simplemente porras).

Falar, negociar, acordar, é algo que sempre deu resultado. Podería intentarse nun encontro a tres bandas, por exemplo.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.