A Pobra vivirá unha nova xornada de atletismo nas categorías de base no 29 de abril

26 Abril 2023

O Estadio Municipal da Alta (A Pobra do Caramiñal) será escenario dunha nova cita co atletismo nas categorías benxamín/a, alevín/a e infantil no 29 de abril, despois da realizada no día 16. Estas probas enmárcanse na modalidade en pista individual na zona Noia-Santiago e constan de catro xornadas de clasificación previas á fase provincial, correspondéndose dúas delas coa localidade pobrense.

A partir das 10.00 horas reunirá as disciplinas de metros lisos, lanzamento de peso, disco, xavelina, salto de lonxitude, de altura e carreira de remudas.

Organiza a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo (FGA) coa colaboración da Concellaría dos Deportes e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

Outros artigos

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla coa colaboración da Concellaría dos Deportes. A regata terá lugar no 18 de xaneiro, a partir das 10.30 horas, e poderán participar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

“Pasear ou traballar” – Xulio Xiz

Antes, as sentencias cuasi filosóficas eran propias da xente de idade, adquiridas por experiencia vital. E palabra de vello era palabra sabia, material sobre o que se construíu o riquísimo refraneiro popular. A frase rotunda que orixina a miña cavilación, foi...